26/5/11

Visita a Casaplanta





VISITAMOS UN CENTRO DE XARDINERÍA

A finais de maio, o alumnado de E. Infantil e do primeiro Ciclo de E. Primaria, visitamos CASAPLANTA, un centro de xardinería no que non só venden plantas, tamén as producen. Nos eu viveiro da Ramallosa crían con mimo toda clase de árbores e plantas para xardíns, zonas verdes e interior.
Ao chegar ao recinto fomos recibidos por dous monitores- xardineiros: Tere e Xosé, que foron os encargados de mostrarnos toda a variedade de plantas e árbores que eles tiñan.
Como éramos 5o alumnos-as, dividímonos en dous grupos, pero ao final todos fixemos o mesmo percorrido.
Mostráronnos plantas para por no interior da casa como as violetas, begonias, orquídeas,cactos, aloe vera, costela de Adán, ... pero o que máis nos chamou a atención foi o bambú, por ser unha das plantas favoritas dos osos pandas e unha planta carnívora atrapadora de insectos. Que susto pasamos cando a monitora meteu un dedo nas súas follas!. Ademais, tamén xogamos a comparar plantas con animais ou cousas. Así había plantas que se parecían á pata dun elefante, outra a un percheiro para colgar a roupa...
Logo, achegámonos a zona das plantas de exterior:como os bonsais, que son árbores con moitos anos de antigüidade criados en macetas pequenas, as aves do paraiso, xeranios, hortensias, rosas, petunias e ata vimos plantas aromáticas coma a lavanda, menta, romero, tomillo,....
Despois fomos a zona das árbores onde vimos árbores de folla perenne como as coníferas, o loureiro ou o magnolia;e árbores de folla caduca coma o arce, pruno, castiñeiro de indias, o granado...
Por último fomos a unha horta , pero non nos ensinaron unha horta calquera, pois a súa horta era ecolóxica, é dicir, non lle botan á terra ningún abono mineral, pois este é malo para os produtos alí cultivados, Tiñan: fresas, leitugas, pementos, acelgas,....
Despois de dúas horas de intensas explicacións, saímos de Casaplanta, non sen antes recibir un agasallo: Unha planta e un catálogo.
Pero a mañá non rematou aquí, pois a continuación fomos a merendar ao parque da Ramallosa e por último, andando, achegámonos a praia da Ladeira. Que ben o pasamos!.

No hay comentarios: