20/5/11
Viaxe a Vilardevós
Saímos o 10 de maio cara a Vilardevós moi ilusionados-ás.
Alí recibíronnos con pancartas e karaoques.
Leváronnos ao Museo do Contrabando, da Castaña, a unha fábrica de foie de parrulo, a fornos con empanadas boísimas, fábricas de madeira, fervenzas impresionantes con camiños fluviais preciosos, á fábrica de auga de Cabreiroá, a un castelo, a unha igrexa onde as formigas van morrer en agosto, etc etc etc...
Ademais comíamos estupendamente no comedor do colexio e as familias dos nosos amigos/as de alí (agora xa para sempre) fixéronnos unha festa no albergue. Aquí durmiamos moi ben e reimos moito e ata celebramos o aniversario de Angel con torta e todo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario