30/11/14

Culturgal



Preme na imaxe

Culturgal celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra,do 5 ao 7 de decembro.
Espazo libros


A CIDADE DOS NENOS, de Francesco Tonucci, é o libro no que o prestixioso educador e psicopedagogo italiano explica a iniciativa que levou a cabo en 1991 na súa cidade natal de Fano. Moitas cidades latinoamericanas e europeas -entre elas Pontevedra- sumáronse a ese novo xeito de pensar a cidade como un espazo planificado e construído á medida da infancia e, por extensión, que redunda nunha maior calidade de vida para todos.



Paco Nogueiras segue brincando por toda Galicia coas cancións do libro-disco BRINCA VAI!, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por Sr. Sagüillo. O autor de composicións como “Meu o mundo é!”, todo un himno a prol da lingua galega, repasará unha parte importante do repertorio deste traballo, con música en directo e moito humor.




NON HAI BERCE COMA O COLO é un libro-disco de arrolos tradicionais procedentes de diversos puntos da nosa xeografía. Magoia Bodega e Paulo Nogueira, do grupo Treixadura, dirixen este proxecto, que conta coa colaboración de destacados intérpretes galegos, como Mini Rivas, que tamén asina o prólogo da obra.







26/11/14

Visita a Eroski


Eroski - Movie Maker

O día 26 de novembro,o alumnado de 5º e 6º de E.Primaria visitou Eroski.
Primeiro,tiveron unha charla moi pedagóxica no colexio.A continuación fixeron a visita,pasando polos diferentes stands,onde se lle ampliou o que viran na proxección.
Ao final da visita tiveron unha cata de froitas e xogos.
Todos recibiron un agasallo.
Foi unha visita moi interesante.

Contacontos




Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo.

Linda - Kizoa Movie Maker

Parabéns para Delia,nai de Miguel,un alumno de 5º de E.Primaria,por contarnos este conto tan bonito,na hora do recreo.
A Biblioteca estaba a tope!!!
Encantounos o conto.

24/11/14

Premio Cervantes



Juan Goytisolo gaña o Premio Cervantes.
Este premio é considerado como o máis importante da Lingua Española.
Instituido en 1976 polo Ministerio de Educación,Cultura e Deporte.
A entrega do premio será o día 23 de Abril,do ano seguinte,en homenaxe a data da morte do autor do libro "Don Quijote de la Mancha".

23/11/14

Día Internacional contra a Violencia de Xénero







Preme nas imaxes

En 1981 celebrouse en Bogotá, Colombia, o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres, recordando o asasinato das irmás Mirabal.


Mulleres que loitan polo futuro doutras mulleres

Aung San Suu Kyi, a política birmana que loitou incansablemente polo triunfo da democracia no seu país e que estivo encarcerada durante dúas décadas polo réxime militar.


Anna Politkovskaya, a xornalista rusa que dedicou a súa vida a documentar os abusos dos dereitos humanos no Cáucaso, que pagou a súa coraxe coa vida e se converteu en símbolo da loita pola información libre.


O Nobel da Paz deu visibilidade a mulleres admirables como Shirin Ebadi, a avogada iraniana que fixo da defensa de dereitos das mulleres e os nenos a súa vida, ou a Wangari Maathai, a "muller árbore" kenyana cuxo movemento sementou 30 millóns de árbores en África.

21/11/14

A Esmorga



A película inaugurouse na XIX edición do festival de cine internacional de Ourense.
A Esmorga,o libro,provoca no lector unha vertixe de sensacións non so como consecuencia da tráxica fuxida cara a adiante dos seus protagonistas,senón tamén como froito dos claustrofóbicos ambientes relatados por Blanco Amor.
A Esmorga,a película,tiña por reto trasladar esas mesmas sensacións á pantalla.
A rodaxe fíxose en escenarios case sempre naturais de Ourense en pleno inverno. 

Suplemento de ocio e cultura "La Voz de Galicia"

Magosto


Magosto 2014 - Movie Maker



Cantigas

A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castiñeiro en baixo
mira que chasco levou!

As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos,
os ollos da túa cara
para min son dous feitizos.