Preme nas imaxes
Criaturas, segundo adianta o equipo responsable da súa posta en marcha, dará acubillo ás diferentes linguaxes que interveñen na creación de literatura para nenos, ou sexa ilustración, narración, tradución e mesmo crítica. A idea é que a revista dixital sexa tamén unha fonte informativa sobre novidades editoriais, ao tempo que se visualizan as achegas dos nosos artistas. O eixe central da publicación en liña será a literatura galega, pero tamén se dará acollida a outras culturas, linguas ou xeitos de entender o relato en calquera das súas manifestacións.
Revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario