11/1/11
Sacapenas
Bieito sempre estaba preocupado.
Preocúpase polos sombreiros e polos zapatos. Preocúpanlle as nubes, a chuvia e os paxaros
xigantes. A súa avoa, cando era nena, tamén se preocupaba por todo,por iso ela sabe moi ben
como axudar ao seu neto.
Os bonecos “sacapenas” son o símbolo deste relato
que nos abre a porta a outra cultura. Dende hai moito
tempo os nenos de Guatemala fabrícanos con pauciños
e restos de teas e fíos; á hora de deitarse cóntanlles
unha preocupación e déixanos debaixo da almofada
para que, ao día seguinte, esperten sen inquedanzas.
O alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria,para rematar os contos de medo fixeron coas súas familias
o seu Sacapenas.
Lémoslle o libro e gustoulles moito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario