18/1/11

O inverno


Poema
Tralos vidros
da xanela
cae a neve
sobre a terra.
Tralos vidros
da xanela
noites mouras
frías pedras.
Tralos vidros
da xanela
renxe tola
a cancela.
Tralos vidros
da xanela
os invernos
amarelan.



Sabías que...


.O ciclo das estacións está relacionado coa rotación da Terra arredor do Sol.
.Chove porque hai moita humidade no aire.
.A neve fórmase nas nubes a partir de pequenos cristais de xeo.
.Os
ciclóns son grandes turbillóns de auga quente.
.A néboa é vapor de auga en suspensión no aire.
.Un
tornado é un inmenso e violento remuiño de vento.
.O xeo fórmase cando a auga xea a 0ºC.
.O
foehn é un vento que sopra nos Alpes.

No hay comentarios: