4/6/10

Visita á Biblioteca Municipal



O día 3 de xuño,o alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria,saímos a visitar a Biblioteca Municipal e a ler o conto "O tesouro de Baiona".
Cando chegamos a Baiona,fomos percorrendo os lugares que aparecen no libro e lendo neses espazos.
Logo,dirixímonos á Biblioteca e alí,Anxo o bibliotecario,tíñanos preparadas varias actividades:
.Explicounos as diferentes seccións nas que se atopan os libros.
.Tres compañeiros leron uns contos.
.Buscamos as vogais na Biblioteca.
.Escenificamos unha canción sobre animais.
.Fixemos exercicios de relaxación.
.Entregáronnos o carné de socios.
.Deixamos a nosa pegada na Biblioteca escribindo o noso libro favorito.

Ao final das actividades,Anxo regalounos un libro para cada un e caramelos.
Grazas Anxo por adicarnos un rato do teu tempo e por facernos pasar unha sesión moi divertida.
Cando saímos da Biblioteca tomamos o bocadillo e fomos ver unha tartaruga de 90 anos.
Logo dirixímonos á Carabela Pinta para rematar o conto e visitala.
Un día moi axetreado e moi divertido!!!.

1 comentario:

Anxo dijo...

Sentímonos moi contentos sempre de contar con vós na promoción da lectura.Sen vós e sen @s nen@s do colexio de Fontes non somos quen.
Grazas pola vosa colaboración e sempre teremos as portas abertas para seguir potenciando a lectura e a biblioteca co colexio.
Anxo