24/6/10

Festa Fin de Curso


O día 22 de Xuño,celebramos a festa "Fin de Curso".
O alumnado de 6º bailou a "Danza das espadas",que durante dous meses preparou con eles Mino.
Con esta danza,o profesorado pretende inculcar no alumnado unha parte moi importante da memoria inmaterial de Baiona.
Esta danza baílase 3 veces no ano:o día do Carme a Virxe,o mariñeiro de máis idade de Baiona e tamén se baila o 1ºsábado de Agosto.
A particularidade é soamente que esta danza é bailada por homes e no colexio baílanna nenos e nenas.
Dende o ano 1997 con esta danza o alumnado de 6º da por rematada a súa vida escolar no Centro,e os demais pechamos o curso académico.
Tamén houbo merendola e repartimos agasallos aos alumos/as que máis tartarugas conseguiron nas actividades realizadas na Biblioteca ao longo do curso escolar.
Felices vacacións e ata o vindeiro curso.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Parabéns para esta biblioteca tan chea de vida. Noraboa a todos os nenos e nenas!!!
A Pescadora de Historias (Ceip Esteiro de Ferrol)