27/4/10

Visita ao Museo



O venres 23,fomos a Pontevedra os alumnos/as de 4º,5º e 6º acompañados polos nosos mestres.
Primeiro xogamos no parque infantil da Alameda.Despois visitamos a igrexa da Peregrina e unha praza na que estaban facendo un poema con libros no chan.
O museo ten moitas salas: época prehistórica,sala de acibeche,sala de pratería,sala de Sargadelos e debuxos de Castelao.
Pero o que máis nos gustou foi o camarote do almirante Méndez Núñez e as súas coleccións.
Foi unha visita moi completa e divertida.

No hay comentarios: