Que son para tí os libros?
Estas son as marabillosas contestacións do noso alumnado:
.Unha cousa que na miña vida non pode faltar,cheos de debuxos e cousas para aprender e que nos poden axudar na vida de cada día.
.Son algo moi bonito que axuda a soñar.
.Son un tesouro.
.Unhas aventuras que te metes dentro delas.
.Aprender é divertirse.
.Moitas historias por descubrir.
.Son portas tridimensionais que me levan a outros mundos.
.Os mellores amigos.
.Compañía e alegría.
.Unha marabilla que atopas nas Bibliotecas.
.Son algo moi importante para ler pola noite.
.Para ler e disfrutar.
.Unha xoia,un regalo para min.
.Un mundo por descubrir,investigar e disfrutar.
.Son algo marabilloso que me fai compañía cando estou só e axúdanme a escribir.
.Un sentimento moi especial.
.Algo máxico.
.Un amigo máis.
.Son a vida,amigos verdadeiros e exemplos a seguir.
.Unha ilusión
.Son preciosos e tamén sorte de poder telos e lelos.
.Historias reais,sendo eu o protagonista.
.Unha inspiración,algo para pasar o tempo.
.Un xogo para aprender e para atopar información.
.Un museo de aventuras,segredos...
.Son fantásticos e que nos levan a moitos lugares do mundo.
.Algo moi importante.
.Aventuras inesperadas.
.Son para entreterme.
Parabéns para todos/as por ser os libros algo tan importante nas súas vidas.
Non esquezades nunca que os libros poden darnos moita compañía,pasar ratos moi divertidos e ser unha fonte moi importante de aprendizaxe e información.
26/4/10
Os nosos libros favoritos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario