30/4/10
Coñecemos animais
Como remate a unidade didáctica "Os animais",os nenos/as de E.Infantil fixemos unha saída ás casas do arredor do cole,para coñecer os da nosa contorna.
Por iso,queremos agradecerlle a Susi,Rosa,Elena e Rosa María que nos abriron as súas casas e,a María que nos acompañara na nosa aventura.
Foi todo unha experiencia da que chegamos encantados ao cole.
Moitas grazas!!!.
29/4/10
Baleas e golfiños
Este traballo realizárono os alumnos/as de 6º de E.Primaria,despois de ler o libro, "Baleas e golfiños".
Libro que tiñan que ler no 2º trimestre,xa que estamos a traballar "O mar de historias".
Dámosvos a noraboa porque nos encantou o voso traballo.
Moi ben realizado!!!.
27/4/10
Visita ao Museo
O venres 23,fomos a Pontevedra os alumnos/as de 4º,5º e 6º acompañados polos nosos mestres.
Primeiro xogamos no parque infantil da Alameda.Despois visitamos a igrexa da Peregrina e unha praza na que estaban facendo un poema con libros no chan.
O museo ten moitas salas: época prehistórica,sala de acibeche,sala de pratería,sala de Sargadelos e debuxos de Castelao.
Pero o que máis nos gustou foi o camarote do almirante Méndez Núñez e as súas coleccións.
Foi unha visita moi completa e divertida.
Correo escolar
26/4/10
Teatro "Cormarín"
Teatro realizado polo alumnado do 1ºCiclo de E.Primaria e Mino no "Día do Libro".
Adaptación do libro "Cormarín" de Xoán Babarro González.
Un bonito libro para ler!!.
Os alumnos/as de 6º fixeron a presentación e falaron dos cormoráns.
Noraboa para todos/as polo ben que o fixeron.
Os nosos libros favoritos
Que son para tí os libros?
Estas son as marabillosas contestacións do noso alumnado:
.Unha cousa que na miña vida non pode faltar,cheos de debuxos e cousas para aprender e que nos poden axudar na vida de cada día.
.Son algo moi bonito que axuda a soñar.
.Son un tesouro.
.Unhas aventuras que te metes dentro delas.
.Aprender é divertirse.
.Moitas historias por descubrir.
.Son portas tridimensionais que me levan a outros mundos.
.Os mellores amigos.
.Compañía e alegría.
.Unha marabilla que atopas nas Bibliotecas.
.Son algo moi importante para ler pola noite.
.Para ler e disfrutar.
.Unha xoia,un regalo para min.
.Un mundo por descubrir,investigar e disfrutar.
.Son algo marabilloso que me fai compañía cando estou só e axúdanme a escribir.
.Un sentimento moi especial.
.Algo máxico.
.Un amigo máis.
.Son a vida,amigos verdadeiros e exemplos a seguir.
.Unha ilusión
.Son preciosos e tamén sorte de poder telos e lelos.
.Historias reais,sendo eu o protagonista.
.Unha inspiración,algo para pasar o tempo.
.Un xogo para aprender e para atopar información.
.Un museo de aventuras,segredos...
.Son fantásticos e que nos levan a moitos lugares do mundo.
.Algo moi importante.
.Aventuras inesperadas.
.Son para entreterme.
Parabéns para todos/as por ser os libros algo tan importante nas súas vidas.
Non esquezades nunca que os libros poden darnos moita compañía,pasar ratos moi divertidos e ser unha fonte moi importante de aprendizaxe e información.
24/4/10
Contacontos
Para celebrar o "Día do Libro" trouxemos ao colexio a Marisa Irimia e Juan Carlos Vázquez,para que lles contaran ao alumnado os contos: "As andanzas de Xan Farrapeiro" do autor Ramón Caride Ogando, realizado en kamishibai e "Vento son" inspirado na obra orixinal "A viaxe do vento pequeno" de Concha López Narváez.
22/4/10
Día do Libro

El 23 de abril de 1616 fallecían Cervantes, Shakespeare y el Inca Garcilaso de la Vega. También en un 23 de abril nacieron – o murieron – otros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta fecha tan simbólica para la literatura universal fue la escogida por la Conferencia General de la UNESCO para rendir un homenaje mundial al libro y sus autores, y alentar a todos, en particular a los más jóvenes, a descubrir el placer de la lectura y respetar la irreemplazable contribución de los creadores al progreso social y cultural. La idea de esta celebración partió de Cataluña (España), donde este día es tradicional regalar una rosa al comprador de un libro.
Lemos un conto
20/4/10
Le connosco
Un libro interesante e adaptado a idade do neno/a,ou dedicar un momento diario á lectura son medidas que os expertos propoñen para lograr que os máis pequenos se interesen pola lectura.
Grazas a Celia por dedicar un rato do seu tempo a contarlles o conto "Chibos Chibóns" ao noso alumnado.
Bonito conto o que elixiu!!.
16/4/10
14/4/10
Libros en Abril
%5B1%5D.jpg)
Lánzanse desde as nubes, comezan a caer: unha, dúas, tres...



Feliz Día do Libro!!!.