15/3/10

Semana da Prensa



Durante os primeiros 15 días do mes de Marzo,traballamos cos xornais desde E.Infantil ata 6º de E.Primaria nas nosas aulas, para provocar no alumnado reflexións sobre dito medio de comunicación e lograr que logo sexan usuarios críticos. Pensamos que é moi importante que os nenos/as manipulen os xornais para descubrir o que conteñen no seu interior, cómo están organizados, analizar a 1ª páxina, titulares, seccións e publicidade. Tamén pretendemos que xoguen cos xornais: manipulen, compoñan frases, corten letras e palabras, coloreen titulares, constrúan figuras, realicen actividades plásticas, confeccionen murais... Todo isto fixémolo de forma lúdica e centrado no noso Proxecto Lector de Centro "O mar de historias".


No hay comentarios: