25/3/10

O Kamishibai


O Kamishibai en xaponés quere dicir "Teatro de papel".
É unha forma de contar historias que se orixinou nos templos budistas do Xapón no século XII, onde os monxes utilizaban emaki (pergaminos que combinan imaxes con texto) para combinar historias con ensinanzas morais.
Esta forma de contar contos é moi popular en Xapón e está dirixida aos nenos/as máis pequenos. Trátase dun teatrillo no que se introducen as láminas dun conto con debuxos por un lado e texto polo outro.
A lectura do Kamishibai realízase colocando as láminas en orden sobre un soporte "teatrillo
(butai)" de tres portas, de cara ao público,deslizando o narrador as láminas, unha tras outra, mentres le o texto.
En España o kamishibai foi introducido e difundido pola mestra Carmen Aldama Jiménez.

No hay comentarios: