2/11/09

Contacontos para entregar as mochilas


O claustro decidiu traer un contacontos para entregar as mochilas e así os nenos/as o recordarían como un día moi especial.
A editorial "Consorcio" enviounos un contacontos, que nos narrou historias de pantasmas,pesadelos... lembrando a festa do Samaín.
Os nenos/as axudados polo contacontos tamén inventaron historias de medo.
Logo cada titor entregou a súa mochila.
Todos ían encantados e nós esperamos que compartan as lecturas coas súas familias.
Os libros para ler as familias están no blog "Tartaruguiña".
Todos a ler e disfrutar!!!.

1 comentario:

Brasanar dijo...

Que ben xa chegaron as mochilas viaxeiras! Estabámolas esperando con moita ansia e ilusión! Grazas por facernos partícipes de este traballo tan didáctico que nos achega ao marabilloso mundo dos libros!