19/10/11

No corazón do bosque


Preme na imaxe
Aquela sería unha excursión inesquecible para Raquel: a viaxe en autobús, a fraga inmensa, as bravas augas do río, o vello mosteiro... e, sobre todo, o descubrimento dun estraño personaxe no interior da súa mochila.
Este curso o alumnado do 3º Ciclo está a traballar este libro de Agustín Fernández Paz.

17/10/11

Recursos Biblioteca


Estupenda selección de recursos para traballar a Formación de Usuarios e a Educación Documental na Biblioteca Escolar.
Recollido do CEIP Victor Saenz (Mazaricos - A Coruña)

9/10/11

Día da Hispanidade





Preme nas imaxes
Durante moitos séculos os homes de ciencia pensaron que a Terra era plana.Cristobal Colón non foi o primeiro en pensar que a terra era redonda.Era un navegante que observaba as correntes mariñas e os ventos oceánicos.
O 12 de outubro de 1492,Cristobal Colón descubriu un novo continente,América.
A partir do descubrimento,tanto os europeos como os americanos coñeceron novos productos para consumir.
Os principais productos que nos chegaron foron: patata,tomate,millo,cacao,pemento,batata...

3/10/11

A vendima en E.Infantil


Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o xoves 29 de setembro a festa da vendima. Neste día de celebración realizamos diferentes actividades relacionadas co tema. Foi unha xornada moi divertida, o que máis nos gustou foi pisar as uvas nun cesto, os nosos pés quedaron todos tinguidos.
Comezamos o día falando sobre a vendima e as cousas que sabiamos sobre ela. Despois vimos un video donde uns nenos vendimaban e pisaban as uvas. Realizamos un mural e coloreamos unhas uvas. No momento da merenda comemos uvas e despois do recreo chegou o momento máis desexado. Xuntámonos todo Infantil no patio novo e comezamos a actividade máis esperada:
• Primeiro descalzámonos
• Despois fixemos unha fila e lavamos os pés
• Metémonos no cesto e comezamos a pisar as uvas por turnos
• Volvemos lavar os pés
• Calzámonos
• Por último tomamos o mosto
Cando subimos a clase coloreamos un debuxo dunha persoa pisando uvas e pegámoslle a nosa foto.
Fixemos moitas fotos , esperamos que vos gusten.

23/9/11

Recursos sobre os bosques




Miniquest "Os bosques"


Webquest "Os bosques"





Preme nas imaxes



Comeza un novo curso escolar no que traballaremos "Os bosques"

Uso da enerxía






Preme nas imaxes
Recursos formativos para que os nosos nenos/as de hoxe sexan cidadáns responsables o día de mañá.