3/10/11

A vendima en E.Infantil


Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o xoves 29 de setembro a festa da vendima. Neste día de celebración realizamos diferentes actividades relacionadas co tema. Foi unha xornada moi divertida, o que máis nos gustou foi pisar as uvas nun cesto, os nosos pés quedaron todos tinguidos.
Comezamos o día falando sobre a vendima e as cousas que sabiamos sobre ela. Despois vimos un video donde uns nenos vendimaban e pisaban as uvas. Realizamos un mural e coloreamos unhas uvas. No momento da merenda comemos uvas e despois do recreo chegou o momento máis desexado. Xuntámonos todo Infantil no patio novo e comezamos a actividade máis esperada:
• Primeiro descalzámonos
• Despois fixemos unha fila e lavamos os pés
• Metémonos no cesto e comezamos a pisar as uvas por turnos
• Volvemos lavar os pés
• Calzámonos
• Por último tomamos o mosto
Cando subimos a clase coloreamos un debuxo dunha persoa pisando uvas e pegámoslle a nosa foto.
Fixemos moitas fotos , esperamos que vos gusten.

No hay comentarios: