27/4/16

Contacontos


Contacontos 2 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Hoxe visitounos un gran druida, Miguel, alumno da Escola  Universitaria de Vigo, para contarnos os contos ” Lobo Feroz” e “Os tres bandidos”.
Felicitámolo, porque nos meteu no seu bosque encantado e pasamos un rato moi divertido.
Agora tócanos a nós facer algo para que Miguel vexa que sabemos facer cousas moi bonitas.
Xa somos druidas como Miguel e en breve visitaranos para recoller o seu traballo ,que estamos a realizar.
Grazas Miguel ,por contar con nós. Tamén a túa profe Sandra, por falarche do noso cole para realizar a túa experiencia.

Ata a próxima vez!!!

2 comentarios:

Miguel A. Suárez Rguez dijo...

Non teño mais que boas palabras para describir a experiencia.
Foi un verdadeiro pracer compartir ese momento con vós.
Alégrame saber que os nenos disfrutaron porque esa era a miña finalidade.
Grazas o persoal do centro e os nenos de primeiro, segundo e terceiro de primaria por acollerme e facerme sentir tan a gusto.
Un saúdo moi especial de Miguélix, o Gran Druida.

O Sol Xa Saíu dijo...

Graciñas por permitir que Miguel levase á práctica esta experiencia!!!!!!!

Sen dúbida, a boa formación docente só sería posible se centros como o CEIP Fontes-Baíña colaboran no labor educativo e no traballo do futuro mestre e mestra. Sodes un referente para nós.

Un besiño moi forte aos MESTRES e MESTRAS de este gran colexio.