27/3/16

Día Mundial da Saúde


Preme nas imaxes


Día mundial da saúde

O día mundial da saúde celébrase todos os anos o día 7 de Abril, para conmemorar o aniversario da Organización Mundial da Saúde en 1948. Comezou a celebrarse dende o ano 1950.
Cada ano elísexe para esta data un tema.
O tema deste ano é a diabetes, xa que está aumentando rápidamente en moitos países e sobre todo en países de ingresos baixos e medianos.
Mensaxes da Organización Mundial  da  Saúde( OMS )
1.             A epidemia da diabetes está aumentando moito en moitos países.
2.             Unha gran proporción dos casos de diabetes son prevenibles.
3.             A diabetes pódese tratar.
4.             Os esforzos por previr e tratar a diabetes serán importantes para alcanzar a meta do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 3 consistente en reducir a mortalidade prematura por enfermidades non transmisibles nunha terceira parte para 2030.
Os obxectivos principais da campaña son:
1-           Acrecentar a conciencia respecto o aumento da diabetes.
2-           Impulsar un conxunto de actividades específicas, eficaces e asequibles para facer frente a diabetes
3-           Presentar o primeiro informe mundial sobre a diabetes.

                       Fonte : Fundación para a diabetes

         Hábitos saudables

Para ter unha boa saúde é moi importante levar unha serie de hábitos que nos axuden a non enfermar.
1.             Levar unha dieta equilibrada.
2.             Facer exercicio físico.
3.             Descansar correctamente.
4.             Manter unha boa hixiene persoal.
5.             Evitar o consumo de substancias tóxicas (alcohol e tabaco )



Fuente: Maestra de Primaria

Outras páxinas


No hay comentarios: