26/11/15

Tenis de mesa


Tenis de mesa - Kizoa Movie Maker

Hoxe,26 de novembro, dous monitores,Samuel e Manuel da Agrupación Deportiva Vincios con sede no IES Terra de Turonio(Gondomar), viñeron ao noso colexio e adentráronnos no mundo do Tenis de Mesa.
A sesión comezou cunha pequena charla teórica sobre diversos aspectos do ping-pong como o agarre de raqueta, o toque de esquerda, dereita…e despois duns xogos de familiarización pasamos a xogar.
Que sorpresa! Xogamos contra un robot. Foi unha experiencia única ,pois ninguén nunca xogara contra un robot multibolas:era un perfecto lanzador de bolas.
O pasamos moi ben! Mágoa que só puidemos pasar polo ximnasio o alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de E. Primaria.

Ata a próxima!

No hay comentarios: