25/2/14

Os chibos chibóns


 Os nenos e nenas de Infantil descubrimos un conto titulado Os Chibos Chibóns e gustounos tanto que decidimos aproveitalo ao máximo. Xuntos preparamos unha pequena representación para mostrarlle aos máis maiores do cole, e xuntos fixemos un gran mural para recordar esta historia tan xenial. Traballando en equipo todo se fai moito máis divertido e doado de rematar. Se vos pasades polas aulas poderedes ver a nosa obra de arte colgada e se escoitades ben, ata pode que nos escoitedes representala...

No hay comentarios: