2/4/13
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2013
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidos. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos, ti e eu, dando ser voltas e ser voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducido pola autora.
Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. Este ano a mensaxe é un poema de Pat Mora.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario