Festexamos o Día do Libro escoitando contos no patio. Fixemos sete grupos con nenos/as dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria. Eleximos dous nenos/as de cada clase para ler en cada grupo e todo o alumnado foi pasando polos diferentes grupos para escoitar os contos. Léronse os seguintes contos:
- O coelliño branco - A sopa queima - A que sabe a lúa? - Miguel y Williams - A bruxa regañadentes - Todo es para bien - O homiño de papel
Actividades: - Lecturas no patio - Ilustrar o poema de Pat Mora - Entrega de libretas viaxeiras - Buscar información de autores/as de libros de poesía - Entrega de marcapáxinas
Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2013
Lemos xuntos, ti e eu. Vemos que as
letras forman palabras e as palabras convértense en libros que estreitamos
nas nosas mans.
Oímos murmurios e ríos buliciosos nas súas
páxinas, osos que cantan graciosas melodías á lúa.
Entramos en
misteriosos castelos e das nosas mans soben ata as nubes árbores
florecidos. Vemos nenas valentes que voan e nenos que atrapan as
estrelas.
Lemos xuntos, ti e eu, dando ser voltas e ser
voltas, percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora Traducido pola autora.
Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa
data do nacemento do escritor danés Hans Christian
Andersen, o IBBY promove a celebración do Día
Internacional do Libro Infantil co fin de promover os bos libros infantís e
xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional
ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil
e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu
país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel
que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas,
centros escolares, librarías, etc. Este ano a mensaxe é un poema de Pat Mora.
Se algunha fotografía,debuxo... que aparecen neste blog,están suxeitos a dereito de autor,póñanse en contacto con nós e serán retirados inmediatamente.Grazas.