Volcán en acción - diapositivas
Brais,Óscar e Pablo ensinaron ao alumnado de 3º Ciclo de E.Primaria cómo sae a lava dun volcán.
Parabéns!!!
Elaboración do volcán:
Primeiro, cóllese unha botella de plástico e córtaselle a boca. Posteriormente, pégase nun cartón que servirá de base. Rodéase con bólas feitas con papel de xornal dándolles a forma de volcán. Cóbrense cunha capa de papel de cociña impregnada nunha mestura de cola con auga.
Déixase secar durante varias horas, ata que endureza.
Finalmente, píntase de cor marrón.
Formación da lava:
Engádese lavalouza (para dar consistencia escumosa), bicarbonato sódico, pemento (para colorear de vermello) e vinagre (para que reaccione co bicarbonato producíndose dióxido de carbono que fai que se forme a lava).
No hay comentarios:
Publicar un comentario