Madrigal á cidade de Santiago
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brilla entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a baleira lúa.
Federico García Lorca
María Soliña
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai,que soliña quedaches,
María Soliña.
Nos areais de Cangas
muros de noite se erguían:
ai,que soliña...
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traían:
ai,que soliña...
As gaivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai,que soliña...
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai,que soliña...
Celso Emilio Ferreiro
Dende a Biblioteca,propuxemos para celebrar o Día da Poesía:
- Limericks ( 2º e 3º Ciclo)
- Eu quero ser...
pero eu son...
- Versos ordenados (1º Ciclo)
Esperamos os vosos traballos
No hay comentarios:
Publicar un comentario