26/12/11

Carta a Agustín Fernández Paz

Fontes-Baíña, 15 de Decembro 2.011

Estimado Agustín: Despois de ler o teu libro “No corazón do bosque” e facer o traballo sobre el, quedamos encantados ao ver o teu comentario no noso blog.
Gustaríanos felicitarte polo libro; foi moi entretido e fácil de ler. O ano pasado lemos “Tres pasos polo misterio”, pareceunos emocionante , pero costounos un pouquiño máis.
Xunto coa carta mandámosche o traballo para que o teñas de recordo.
Se algún día quixeras visitarnos, estariamos encantados de recibirte, mellor este curso, para o próximo xa imos ó Instituto.
Aproveitando as datas que se achegan, desexamos que te visite o “Apalpador” e que deixe enriba da túa mesa FELICIDADE e mil historias para que nolas contes.

Grazas por poder disfrutar dos teus libros. Unha aperta de todos e todas

A mestra e o alumnado de 6º de Fontes-Baíña

No hay comentarios: