29/4/11

Intercambio Baiona - Vilardevós

Alumnos/as de Vilardevós Alumnos/as de 5º E. Primaria Fontes Alumnos/as de 6º E. Primaria Fontes



Dende principio de curso vimos organizando un intercambio do alumnado de 5º e 6º do noso centro co mesmo alumnado de Vilardevós (Ourense).
Pensamos sería interesante poñer en contacto dúas zonas totalmente distintas de Galicia.
- Baiona : zona costeira onde a maioría do alumnado fala en castelán.
- Vilardevós: zona de montaña e de interior co alumnado galego falante.
A iniciativa xurde a principio de curso, e postos en contacto con Vilardevós, recibimos todo o apoio, polo que nos anima a seguir adiante co proxecto.
Por que Vilardevós?. Ademais de cumprir os requisitos de pobo de interior , unha das organizadoras é natural de alí, esto facilitará o traballo.
A continuación presentámosvos o alumnado que participa na actividade e os programas que imos levar á cabo.

No hay comentarios: