25/3/11

Teatro na escola


Hoxe,os alumnos/as da Escola Universitaria de Maxisterio San Pablo CEU de Vigo,achegáronse ao noso colexio,para representar As tres porquiñas e El pastel de chocolate,dúas adaptacións teatrais de contos de transmisión oral.
Que ben o pasamos!
Parabéns para todos/as e para a súa profesora Sandra,porque nos fixeron pasar un rato moi divertido e pola súa magnífica actuación.
Ademais,queremos darlle as grazas porque nos deixaron un libro moi bonito con todo o seu traballo,e que gardaremos na nosa biblioteca con moito agarimo.
Estivemos encantados de que compartírades con nós estas obras de teatro.
Xa sabedes que o noso colexio ten as portas abertas para vós.
De novo grazas e ata a próxima.

10 comentarios:

Brasanar dijo...

Moitísimas grazas por acollernos, pola axuda dada, pola motivación que facedes medrar en nós.
GRAZAAAAAASSSSSSSSSS
Un forte abrazo.

Stefi dijo...

Muchas gracias al colegio por tratarnos así de bien y por darnos esta oportunidad. Espero que hayáis disfrutado al igual que nosotros de ese día. Un abrazo :-)

Jennifer dijo...

Moitas grazas por deixarnos estar convosco e acollernos tan ben. Encantounos estar convosco e poder disfrutar dese momento.

¡Unha aperta!

Mónica Beloso dijo...

Moitas grazas a vós por todo.
Chegamos o colexio con moitos nervios e incerteza, e a volta trouxemos con nós un bo recordo dos nenos/as e de todos os mestres e mestras deste centro. Un abrazo enorme compañeir@s!

Silvia Agís García dijo...

Moitas grazas por ofrecernos a oportunidade de vivir unha experiencia tan gratificante e satisfactoria que endexamais poderemos esquecer.
Foi un día cargado de nervios, pero cheo de risos e cariño.
Sentímonos moi acollidos tanto polos nenos e nenas, como polos mestres e mestras do colexio.
Estaríamos encantados de repetir, e compartir outra xornada con vós, porque o pasamos en grande e sodes os mellores!
¡Un besiño moi forte!¡Verémonos!=)

Jorge B.S. dijo...

Que más puedo decir, además de daros las gracias por la oportunidad y todas esas cosas, me gustaría expresar mi alegría para que este tipo de actividades educativas nunca paren de realizarse. Los niños aprenden muchísimo con estos espectáculos, incluso, deberíamos fomentar el teatro desde los cursos iniciales, porque la oratoria es algo que se ha perdido y debemos recuperar.
Sin más, un saludo. Gracias.

Lau Patiño dijo...

Moitas grazas a todos por acollernos tan ben,por deixarnos un cuarto para cambiarnos, trernos algo para comer e beber, por axudarnos oa decoración e o telón, e por unha lista interminable de cousas. En resumo, grazas por acollernos tan ben, ser tan amables con nos e facernos pasar un día tan bo e darnos a posibilidade de vivir esta experiencia cos cativos.
Bicos e haber se nos volvemos ver moi prontiño!

Jessica Carballa López dijo...

Moitísimas grazas por darnos unha oportunidade coma esta, foi unha experiencia que non olvidarei endexamais. Só o feito de ver tódolos rapaces contentos, rindo, e pasándoo tan ben é algo que non se pode explicar con palabras, hai que vivilo para saber o que é. Espero que vos gustara e que o pasárades tan ben coma nós.
¡Unha aperta!

cuandopiensassaleelsol dijo...

Grazas por tratarnos tan ben,por acollernos ao voso carón, por recibirnos tan maravillosamente e por darnos esta oportunidade.Un forte abrazo

cuandopiensassaleelsol dijo...

Grazas por todo,por acollernos ao voso carón,por darnos de beber e de comer,polo riquísimo agasallo de despedida e sobre todo grazas por darnos esta oportunidade tan gratificante e tan magnífica.Moitas grazas.Un forte abrazo:)