15/12/10

Nadal en E.Infantil




Para celebrar estas festas fixemos varias cousas:
Unha árbore de nadal con oveiras. Coloreamos as oveiras de verde e de marrón e pegámolas na parede en forma de árbore.
O Reno Rodolfo. Picamos a silueta dun reno, pegámoslle serrín, uns ollos móbiles, fixémoslle o nariz con plastilina e colgámolos na nosa árbore.
Bolas de nadal. Decoramos e recortamos bolas para pegar na árbore.
Botas de Papa Noel. Picamos a silueta dunhas botas, pegámoslle algodón e purpurina e colocámolas arredor da árbore.
Botas dos nenos e nenas. Decoramos unha bota de Papa Noel e pegámoslle as nosas fotos. Finalmente colgámola do teito.

No hay comentarios: