19/11/10

Almorzos saudables















Durante o mes de Novembro, estamos a desenvolver no noso Centro Escolar dous tipos de almorzo:mediterráneo e mixto.
Mediterráneo:
-Tomates maduros
-Aceite de oliva (preferente virxe)
-Pan (do día ou torrado)
-Leite
-Sal
-Cacao
Mixto:
-Iogur
-Queixo
-Embutido-friame
-Pan
-Froita-zume
-Froitos secos
Esta actividade é da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e realizámola dende infantil a 3º Ciclo de E.Primaria.
Antes do almorzo, tiveron unha pequena charla impartida por unha persoa da Xunta sobre a pirámide dos alimentos e o importante que é facer un bo almorzo para sentirnos ben.
Nas respectivas clases traballamos o tema dos alimentos antes dos almorzos.
Para realizar esta actividade contamos coa colaboración do ANPA e das persoas encargadas do comedor escolar.
Esta actividade pareceunos moi interesante para que o noso alumnado aprenda a comer san.
Ao rematar os almorzos tiveron outra charla sobre a saúde bucodental-técnica de cepillado.
Regaláronlle cepillos dentais a todos/as para aprender a lavar os dentes e uns folletos informativos para levar as súas familias.
Esperamos que esta actividade se repita no vindeiro curso.
E non se esquezan: "Almorzos saudables"

No hay comentarios: