A partir da segunda quincena de Outubro celébranse nas aldeas os magostos ou reunións para asar e comer castañas na cociña dalgún veciño.As mozas adoitaban traer as castañas e os mozos o viño,e mentres,contábanse contos,propoñíanse adiviñas, xogábase e baílabase xunto á lareira.
Ás veces,os magostos celebrábanse a véspera do día de defuntos,quizais como recordo dos banquetes funerarios celtas onde os iniciados participaban do ritual lúdico de tisnárense coas castañas queimadas,símbolo da incineración do defunto.
Nos magostos galegos non podían faltar adiviñas sobre a castaña,tan coñecidas como esta:
Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel.
Que cousa son?
Recollido do libro "Adiviñanceiro Popular Galego"
No hay comentarios:
Publicar un comentario