6/2/10

Chega o Entroido


Durante esta semana a sardiña mandará cousas para facer.
O luns, todos/as deberemos levar ao colexio uns pantalóns vaqueiros remangados.
O martes, traeremos unha camisa anudada.
O mércores, poremos un pano na cabeza.
O xoves, traeremos un parche no ollo.

O Carnaval

Que bonito o Carnaval
con carautas
con anteollos
con colores
con fazulas de cartón
con sombreiros
e con flores.
Vaia carnavalada
con filloas
con orellas
e unha boa laconada.
No Carnaval,carnavaliño
Maruxa fai de Carme
e Carme fai de Pedriño.

Concha Blanco "Poemas para pintar"

No hay comentarios: