26/10/09

Xornadas Bibliotecas Escolares


O día 23 e 24 de Outubro celebráronse en Santiago as "Xornadas de Bibliotecas Escolares" 2009.
Conferencias
."Internet: 3 , Escola: 1. Como axudar a aprender a ler aos nativos dixitais".
Daniel Cassany
Os mozos e mozas - nativos dixitais - len e escriben de maneiras diferentes a como o facemos os inmigrantes dixitais,os nacidos antes do 93.
A Biblioteca Escolar debe ter en conta estes cambios profundos para axudar a preparar o futuro alfabetizado destes cidadáns.
. "Competencia lectora e aprendizaxe.O Proxecto Lector do Centro"
Luis Iza Dorronsoro
O proxecto Lector de Centro constitúe un instrumento dinámico que incorpora todas as actividades que no centro educativo se desenvolven para lograr ese obxectivo.Permite unha planificación rigorosa e sistemática do ensino da lectura,á vez que inclúe as condicións e actuacións precisas para o impulso do hábito lector.
. "Escola e literatura:a educación do imaxinario"
Guadalupe Jover
Crear ámbitos lectores e deseñar itinerarios axeitados a cada contexto escolar son dúas tarefas ineludibles.A escola pode axudar a desactivar resistencias e debe ofrecer,ademais,certo mapa da cultura.
. "Alfabetizar na cultura dixital"
Tíscar Lara
A irrupción da tecnoloxía dixital,asociada á conexión de dispositivos móbiles multimedia e o desenvolvemento das redes telemáticas xeraron novas formas de acceder,construír e comunicar o coñecemento.
. "A biblioteca escolar,un recurso educativo útil:o desenvolvemento de entornos presenciais de aprendizaxe e lectura".
Gloria Durban
Unha biblioteca nunha escola debe facilitar a calidade da acción docente e a consecución do currículo promovendo a realización in situ de intervencións didácticas concretas.
. Mesa: Prácticas de lectura en centros educativos.
Nesta mesa falouse de:
. Proxectos lectores en desenvolvemento
. Clubs de lectura
. Hora de ler
Expostas por compañeiras de CEIP e IES de diferentes lugares de Galicia.
Parabéns para todos e todas polas súas magníficas exposicións e tamén para os organizadores.
Remataron estas xornadas co actor Carlos Blanco que nos fixo pasar un rato moi divertido.
Ata o vindeiro ano.!

No hay comentarios: