11/9/09

Anímate a ler


Queridas familias:
Comeza un novo curso escolar e como anos anteriores queremos que a lectura sexa algo moi importante para o noso alumnado.
Por iso é moi importante a vosa participación nas actividades que realizaremos na nosa Biblioteca ao longo deste curso.
Contamos coa vosa colaboración na conquista de novos lectores.
Seguide estes consellos:
1º Para conseguir un hábito lector nos nenos/as,os pais teñen que ler,porque eles imitan os vosos comportamentos.
2º Os pais tendes que ser os mediadores entre o neno/a e o conto.Debedes lerlle contos para que vexa que o libro é un obxecto cercano e fundamental.
3º Separar a lectura das tarefas escolares.Ler é algo gratificante,nunca un castigo.
4º Convencer ao neno/a que ler non é unha pérdida de tempo,que require un esforzo pero é moi divertido.
5º Crear un ambiente propicio na casa.Nunca debemos acender a tele cando está lendo.
6º Mercarlle libros e acompañalo de cando en vez a Biblioteca Municipal e as librerías.
7º Comentar cos vosos fillos/as os libros que len.
8º Crear na casa a súa propia biblioteca que irá medrando pouco a pouco cada ano.
9º Elexir libros que lles atraigan e adecuados a súa idade.
Con todo isto conseguiremos pouco a pouco facer bos lectores.
"Todos a ler
que é un pracer"

1 comentario:

Bibliobelesar dijo...

Son uns consellos moi sinxelos e prácticos. E o resultado é estupendo! Saúdos dende Bibliobelesar