23/3/09

Xornadas de animación á lectura


Co gallo do día da muller traballadora,o departamento de igualdade do concello de Baiona,organizou unhas xornadas de animación á lectura,co obxectivo de promover no alumnado actitudes positivas cara a Igualdade de Xénero.
1º Ciclo de Primaria traballou o conto "Rosa Caramelo".Logo realizaron unha ficha de colorear.
2º Ciclo de Primaria traballou o conto "O Príncipe Ceniciento"e a continuación fixeron un mural sobre as profesións.
3º Ciclo de Primaria contrapuxeron os contos de "Cenicienta"e "O Príncipe Ceniciento"
Finalmente realizaron un debate.
O noso colexio correspondeulle traballar estas actividades os días 16,17,18 de Marzo.

No hay comentarios: