26/10/08

Día da biblioteca


O día 24 de outubro,celébrase o día da biblioteca.No colexio celebrámolo cun contacontos,
interpretado polo xefe de estudios,Mino e unha vogal do ANPA,Sonia.
O título do conto era "Guillermo,el ratón de biblioteca". Adaptouno ao galego o Equipo de Normalización Lingüística do Centro. Os nenos/as divertíronse moito,participaron do conto e pasárono moi ben.
Felicitamos a Mino e Sonia pola magnífica interpretación.
A continuación entregamos "As libretas viaxeiras"aos nenos/as para que as levaran as súas casas,porque nelas se falaba da biblioteca e tiñan que realizar un traballo coas súas familias,durante a fin de semana.
Tamén se lle fixo entrega do libro " Flis-Fli-Ris-Flás" Cóntallo en galego
Campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar,enviado pola Xunta de Galicia aos nenos/as do 1º Ciclo de Primaria.
Foi un día moi especial !.

No hay comentarios: