O ourizo
Co seu ouro vello,mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o seu sol moi riseiro.
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-¡Ouh,que medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
¡ e xa fuxiu a castaña...!
No hay comentarios:
Publicar un comentario