Preme nas imaxes para coñecelo mellor.
O día 22 de Abril, para festexaer o Día do Libro recibiremos con moito entusiasmo a este gran ilustrador.
Outras páxinas
xosé tomás
(Betanzos 1971)
ilustrador, humorista gráfico, guionista e profesor de ensino secundario no CPI
Manuel Suárez Marquier do Rosal (inglés)
O groso da súa obra
sitúase na ilustración infantil e xuvenil : O caderno azul (xerais),El niño que tenía miedo de los robots / El robot que tenía
miedo de los niños ( Edebé ) ,María é maior (Baía), O pirata
Metepata (Baía), Sabeliña e os ratos
(Galaxia ), Misterio en Guernica
(Baía), O soñador (Baía), Un conto de reis e de nadal (xerais), O
afundimento do Titánic ( Baía), Un fantasma en el colegio (Edebé), O monstro dos Ancares(Galaxia), Orballo da mañá (Baía), Un marciano neste mundo (Baía), O lume dos
soños (Baía), O tempo ao revés
(Baía), Boasorte (Baía), Flis-fli-ris-flas(Galaxia), Carolina e os caracois (Baía),Cando eu saiba ler(Galaxia), Quero que veñan meus pais!(Embora), O
arco da vella(Xerais), El gran libro de relatos de piratas y corsarios(Parrramón) Rodribico e a noite
(Baia), Rodribico aprende a voar
(Baía), Rodribico e o mar (Baía), Rodribico vai ao circo (Baía), Rodribico visita a cidade (Baía), Antón, si tal! (Baía), Chispo, o
esquío que venceu ao frío
(Galaxia), O souto escuro e perigoso
(Xerais), Cos ollos do avó (Embora),
Os amigos de Santi (Galaxia), Vou ter
un irmán (Galaxia), Jo de major vull ser...
(Bromera), Lluvia de ranas
(Planeta), Exeria, nos límites do mundo
(AS-PG), O peizoque Roque (Galaxia),
Verdedades (Biblos), Universo
Pitágora (Biblos), O
agasallo de Anya (Galaxia), Fadita
fosca! (Baía), O grilo Míllelo
(Embora), A burra Ramona (Baía), Palabras
de Mar (Embora), Manual de Educación
(Nova Galicia), Manual del Bullying
(Nova Galicia), Manual de
Seguridad Vial (Nova Galicia), Coller as rendas (Xerais) entre outros,
ademais de libros de texto para diferentes
editoras.
En 2010 a Asociación
de Editores de Galicia concedeulle o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor album ilustrado do
ano, e en 2012 recibe o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano.
En banda
deseñada realiza a obra “Tolos”, para a Universidade da Coruña,
e tamén “Compañeiros”, encargo da Comisión para a Recuperación
da Memoria Histórica da Coruña,
así como o Proxecto Terra (Colexio
de Arquitectos de Galicia), A Historia
nunca contada de Mendel (Fundación
Barrié), Historias de betanzos, tomos I
e II (Concello de Betanzos), Nómades
(Galaxia) ou a serie Preventigirl
(Fundación Fesan). Publica asiduamente viñetas cómica para La Voz de Galicia; tamén fai humor
gráfico para as revistas Tempos Novos e a
Revista Galega de Educación
(coa sección “Docentes-doentes”), e publica as series Roberto
Rosetta e os investigadores do sobrenatural
(Diario de Pontevedra, El Progreso), Luzbell, o demo
bombilla (Diario de Pontevedra), Narciso
and Friends (Diario de Pontevedra). Traballa igualmente o cartelismo
didáctico, e estende o seu labor ao mundo dos materiais
multimedia, con traballos como Flis-fli-ris-flas
CDRom (Galaxia), www.cooperativasdegalicia.com,
A Estrada Dixital (Concello da Estrada), Portal Contidos
Educativos (Consellería Educación - Xunta de Galicia), Dicionario
Visual Interactivo (Consellería de Educación - Xunta de
Galicia). Prevenio (Protección Civil – Galicia), A Guerra das Bruxas (Edebé-Rodeira), Visita o teu
Campus (Universidade da Coruña), CaminANDO
(DGT - Ministerio del Interior), entre outros. Recentemente ten ilustrado o xogo
didáctico PEREGRINUS, de Galileo Nenos
Imparte con regularidade obradoiros de ilustración e banda
deseñada en bibliotecas, concellos, hospitais e centros de
ensino primario e secundario para profesores e alumnos, e colabora na formación dos
docentes (a través dos Centros de Formación do Profesorado e de
movementos de renovación pedagóxica) nos usos didácticos do cómic e a
ilustración. Ten sido enviado pola Xunta de Galicia como ilustrador infantil á Feira do Libro de
La Habana para presentar o panorama da ilustracion infantil e
impartir diversas charlas e obradoiros didácticos. Así mesmo, a Embaixada de
España en Nixeria convocouno para impartir un curso de
ilustración infantil a profesionais nixerianos, e ten intervido no ano 2010 no Colexio Español de
Lisboa coa celebración de actividades didácticas a escolares
arredor da ilustración e o cómic. En 2012 é convidado por Gálix (subsección do
IBBY) a impartir un relatorio no congreso de IBBY en Londres sobre o
papel da ilustración na tradución da literatura infantil galega, e en 2014 é
seleccionado pola Xunta de Galicia e a AGPI como ilustrador convidado á FEIRA DO LIBRO DE
FRANKFORT, onde imparte charlas e obradoiros arredor da
ilustración e a banda deseñada. É membro do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega.
Actualmente está a realizar a súa tese doutoral sobre o papel interventor do ilustrador
nos álbumes infantís ilustrados.
En 2013 creou, xunto con BIBLOS CLUBE DE LECTORES, os obradoiros de
ilustración e banda deseñada BIBLOS, que se imparten de maneira
ininterrumpida durante todo o ano na libraría BIBLOS, de Betanzos.
Recollido de Diverxe
Obradoiros creativos para centros de ensino
Algúns dos libros ilustrados por Xosé Tomás
No hay comentarios:
Publicar un comentario