Na planta baixa do colexio temos unha exposición de libros cedida por varias editoriais para que o alumnado poda disfrutar dos libros e elexir os que máis lles gustan.
23/5/15
19/5/15
Letras Galegas
Mamasiña,que medo! - Kizoa Movie Maker
Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar
famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de
tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o
descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o
pobriño, está doente. ¿Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón? ¿Papará o
xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? ¿Papará ós
lectores desta obriña de teatro? ¡Mamasiña, que medo! é unha obra de medo...
para morrer de risa.
O alumnado de 6º recreou a vida de Xosé Fernando Filgueira Valverde e os nenos/as de 5º de E.primaria representaron a obra de teatro "Mamasiña,que medo!
Noraboa a todos/as!
5/5/15
Premio Biblioteca Municipal
Felicitamos a Alejandro Gómez,alumno de 6º de E.Primaria,porque gañou na Biblioteca Municipal o primer premio no concurso de marcapáxinas.
Noraboa!!!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)