27/2/14
25/2/14
Recordando a Rosalía
Recordando a Rosalía - foto montaje
Traballo realizado polos alumnos/as de 6º de E.Primaria.
Bonito traballo!.
Os chibos chibóns
Os nenos e nenas de Infantil descubrimos un conto titulado Os Chibos Chibóns e gustounos tanto que decidimos aproveitalo ao máximo. Xuntos preparamos unha pequena representación para mostrarlle aos máis maiores do cole, e xuntos fixemos un gran mural para recordar esta historia tan xenial. Traballando en equipo todo se fai moito máis divertido e doado de rematar. Se vos pasades polas aulas poderedes ver a nosa obra de arte colgada e se escoitades ben, ata pode que nos escoitedes representala...
13/2/14
5/2/14
Acto Día da Paz
Día da Paz 2014 - diapositivas
O Día da Paz construímos un muro con cartóns de leite cubertos con papel de xornal.Pegamos nos cartóns lemas e debuxos sobre a Paz.
Realizamos tres estacións:
- Na primeira estación proxectamos o conto "Os colores" e dous videos sobre Mandela.
- Na segunda e terceira estación os alumnos/as de 6º leron os seguintes contos: "Wangari y los árboles de la Paz" e "Laura e compañía".
Os alumnos/as do colexio foron pasando polas distintas estacións.
O alumnado do 1º Ciclo ilustrou poemas sobre a Paz coas familias e leron o conto "La avestruz troglodita" de Gloria Fuertes.
4/2/14
Visita ao Faro de Vigo
O mércores, día 29 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º fomos a visitar o xornal “Faro de Vigo”.
Chegamos e recibiunos unha señora que fixo de guía.Percorremos as distintas salas e vimos toda a maquinaria (incluso as enormes bobinas de papel) .As máquinas estaban paradas, nos explicaron que traballan pola noite.
Tamén vimos un vídeo e o final déronnos un agasallo a cada un.
Fixéronnos una foto para saír próximamente no xornal.
A visita gustounos porque ten moito que ver co que estamos traballando este curso: “ A prensa na escola”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)