30/11/09
Coñecemos os cetáceos
O día 27 de Novembro,os nenos/as dende E.Infantil a 6º de E.Primaria,asistiron a unha charla moi didáctica impartida por Kiko,sobre os cetáceos.
Aprenderon as clases que hai,como se comunican , problemas de conservación,cetáceos que hai en Galicia e tamén lles falou de Gaspar,que se acerca as nosas costas para facer trasnadas.
E sorpresa! Viron restos de vertebrados,barbas e dentes de balea.
Cando lles tocou os nenos/as de E.Infantil , Kiko , transformouse nun contacontos cibernauta e coa axuda das Tics explicoulles a historia de dous amigos.
Xan e Antón viven no campo.Xan alquila as súas terras por moitísimos cartos a un empresario que os contamina.Un gran lume asola todo e xan é salvado por Antón e xuntos traballan por devolver a vida ao lugar.
Parabéns para Kiko pola facilidade que tivo para chegar a todo o alumnado.
Premio Cervantes 2009

O escritor mexicano José Emilio Pacheco gaña o premio Cervantes 2009,máximo galardón das letras hispanas.
Foi creado polo Ministerio de Cultura para rendir anualmente testemuño de admiración á figura dun escritor.
Entre a súa obra poética temos:"Los elementos de la noche","El silencio de la luna", "Los trabajos del mar"...
É autor de novelas:"Morirás lejos","Las batallas en el desierto","Tarde de agosto"...
27/11/09
A libreta viaxeira
25/11/09
Premiados no concurso
4º E.Primaria: 1º Claudia , 2º Alba e 3º Alejandro
1º Ciclo: 1º Sabela , 2º Andrea e 3º Aroa
O importante é participar, non ganar.
Tódolos nenos/as por participar levaron unha tartaruga e os premiados tres,dúas e unha respectivamente, que cambiarán ao final de curso por un agasallo.
Parabéns para todos/as por participar e tamén aos ganadores/as.
Ata o próximo concurso!!.
O importante é participar, non ganar.
22/11/09
Saída ao teatro
O día 18 de Novembro,os nenos/as do 1º Ciclo de Primaria foron a Vigo a ver a obra de teatro "Historias dunha árbore milenaria".
Logo,levámolos a ver unha exposición o Centro Cultural Caixanova.
Loreto explicoulles dunha forma moi clara e amena diferentes obras de arte.
Terminaron a excursión no parque da Ramallosa.
Foi un día moi completo,pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas.
Debuxos sobre a obra de teatro
Estes debuxos foron realizados polos nenos/as do 1º Ciclo de Primaria,despois de ver a obra de teatro "Historias dunha árbore milenaria".
Historias dunha árbore milenaria
Esta é a historia dun leñador moi ambicioso e da última árbore que lle queda por cortar.A árbore faralle entender,a través de contos e fábulas,a importancia do bosque,dos animais,da terra e da auga e,sobre todo,o respecto pola vida. A partir de aquí,nace a amizade e a fantasía.O mundo en que vivimos está ameazado polas condutas a miúdo irresponsables do ser humano.A natureza queíxase continuamente das agresións que debe soportar e é preciso que apreciemos a natureza e que teñamos especial coidado en conservala.
21/11/09
O Magosto
18/11/09
Outro novo amigo
Brais Costas,alumno de 3º de Primaria,presentou hoxe na hora do recreo,un conto de animais.O seu título era "Petra".
Parabéns para Brais polo ben que o fixo e para a súa mamá Sandra que lle axudou a preparalo moi ben.Tódolos nenos/as quedaron encantados e recibiron un elefante cun poema ao rematar o conto.
Ata a próxima vez!.
16/11/09
15/11/09
Día Universal dos nenos/as
O día 20 de Novembro conmemórase a data na que a Asamblea Xeral aprobou a Declaración
sobre os Dereitos dos nenos/as 1959 e a Convención sobre os Dereitos dos nenos/as en 1989.
Por iso,o 20 de Novembro pasou a ser o Día Universal dos nenos e nenas.
11/11/09
A castaña
Festa do Magosto.
Refráns
. A castaña que está no camiño,e do veciño.
. A castaña ten unha maña, que se vai con quen a apaña.
. Ano de moito ourizo,non fagas canizo.
. Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.
. Polo San Martiño,buxainas ao camiño.
. Polo San Martiño vai ver o teu soutiño.
. Temperá é a castaña que por Setembro regaña.
. O que non sabe mañas,non asa castañas.
Receita de cociña
Flan de castañas
Ingredientes
. 500 gramos de castañas.
. 250 gramos de azucre.
. Unha rama de canela.
. Media cunca de nata montada.
. Tres cuncas de leite.
. Catros ovos.
Elaboración
Dar un corte ás castañas e cocer en auga ata que estén medio cocidas;escorrelas e pelalas,quitando a pel.Poñer nun cazo e cubrilas con leite e 100 gramos de azucre,e cocer ata que estén brandas.Pasalas por un pasapuré e reservar.
Cocer medio litro de leite coa rama de canela.Bater nunha cunca os ovos con 130 gramos de azucre e engadir a leite temperá sen a canela;engadir o puré de castañas e mezclar moi ben.
Caramelizar un molde con tres culleradas de azucre e unhas gotas de auga.
Encher o molde e poñelo ao baño de maría,no forno prequentado,a 170º,durante 40 minutos.
Deixar enfriar e desmoldar.
Pódese servir con nata montada.
Bo proveito!!!
Formación de usuarios/as
- Utilizar a biblioteca.
- Distinguir a nosa cor.
- Recoñecer as partes dos libros.
- Buscar editoriais...
Esperamos que conten conosco outras veces.
Alumnado de 6º.
6/11/09
2/11/09
Contacontos para entregar as mochilas
O claustro decidiu traer un contacontos para entregar as mochilas e así os nenos/as o recordarían como un día moi especial.
A editorial "Consorcio" enviounos un contacontos, que nos narrou historias de pantasmas,pesadelos... lembrando a festa do Samaín.
Os nenos/as axudados polo contacontos tamén inventaron historias de medo.
Logo cada titor entregou a súa mochila.
Todos ían encantados e nós esperamos que compartan as lecturas coas súas familias.
Os libros para ler as familias están no blog "Tartaruguiña".
Todos a ler e disfrutar!!!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)