A viaxe da Pinta en catro treitos: A.-De Palos a Canarias, do 3 ao 9 de Agosto do1492. B.-De Canarias ás Bahamas ou Lucaias, do 8 deSetembro ao 12 de Outubro do 1492. C.-Das Bahamas a "La Española", pasando por Cuba , do 12 de Outubro do 1492 ao 16 de Xaneiro do 1493. D.-De "La Española", a Baiona, do 16 de Xaneiro ao 1 de Marzo do 1493. Recollido do libro "Historia da Carabela Pinta".
Baiona pasou á historia por ser o primeiro porto do vello continente en coñecer a noticia do descubrimento do Novo Mundo (América). Esto ocorría o 1º de Marzo de 1493,coa arribada da Carabela "La Pinta",capitaneada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Cristóbal García Sarmiento. Coa tripulación chegaron os primeiros aboríxes ( a lenda narra que o pé da fortaleza está enterrado o primeiro aborixe que morreu en Europa ) e varios productos das terras recén descubertas : millo, pataca, cacao, piña, noz, canela, tabaco, pementa, coco e aves exóticas como o papagaio. A Carabela "La Niña" o mando do almirante Cristóbal Colón tomou rumbo sureste hacia Cascais onde arribou o 10 de Marzo de 1493. A Carabela "Santa María" foi a deriva ata que encallou.Coa súa madeira fixeron un forte para protexer ás 39 persoas da tripulación que quedaron alí,morrendo á man dos indíxenas. Pasados 10 días de estancia en Baiona a Carabela Pinta partiu para Palos (Huelva), onde chegou o 15 de Marzo de 1493,horas despois de que o fixera Colón. Os poucos días morreu en Palos (Huelva),Martín Alonso Pinzón,que xa estaba moi enfermo.
Estos traballos foron realizados por todo o alumnado,dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria,o día 24 de Febreiro, "Día de Rosalía de Castro". Preme na imaxe
Chegou o Carnaval e os nenos e nenas de Fontes cos profes e as súas familias todos a disfrutar. Uns vestidos de fondo mariño, outros de latas, de peixes,peixeiras e piratas bailando ata cansar. Ao rematar comida típica para festexar e o meco para queimar. Todos e todas a troulear ata o próximo Carnaval.
Durante esta semana a sardiña mandará cousas para facer. O luns, todos/as deberemos levar ao colexio uns pantalóns vaqueiros remangados. O martes, traeremos unha camisa anudada. O mércores, poremos un pano na cabeza. O xoves, traeremos un parche no ollo.
O Carnaval
Que bonito o Carnaval con carautas con anteollos con colores con fazulas de cartón con sombreiros e con flores. Vaia carnavalada con filloas con orellas e unha boa laconada. No Carnaval,carnavaliño Maruxa fai de Carme e Carme fai de Pedriño.
Chegou o inverno e os nenos/as de E.Infantil fixeron este mural tan fermoso que cambiará cada estación. Choiva toliña Choiva toliña e rebuldeira, baixa das nubes mixiriqueiras.
Ven onde a min, á miña beira, que quero verte, que quero leria.
Falas con pingas lingoreteiras que son alegres e brincadeiras. A.García Teijeiro
O xoves,día 28,fomos visitar ANFACO,museo de conservas. Alí vimos máquinas antigas,a maqueta dunha fábrica de conservas e un escritorio antigo. Explicáronnos como se elaboraban as conservas,labores realizados,principalmente por mulleres. Despois visitamos Salinas que é unha excavación arqueolóxica onde se atoparon unha serie de obxectos romanos e unha salina. Fomos vendo a importancia do sal e os distintos usos que se poden facer del. Ata poidemos cheirar unha salsa romana chamada " garum "!. As dúas visitas estiveron xenial!.
Se algunha fotografía,debuxo... que aparecen neste blog,están suxeitos a dereito de autor,póñanse en contacto con nós e serán retirados inmediatamente.Grazas.