25/3/10
O Kamishibai
O Kamishibai en xaponés quere dicir "Teatro de papel".
É unha forma de contar historias que se orixinou nos templos budistas do Xapón no século XII, onde os monxes utilizaban emaki (pergaminos que combinan imaxes con texto) para combinar historias con ensinanzas morais.
Esta forma de contar contos é moi popular en Xapón e está dirixida aos nenos/as máis pequenos. Trátase dun teatrillo no que se introducen as láminas dun conto con debuxos por un lado e texto polo outro.
A lectura do Kamishibai realízase colocando as láminas en orden sobre un soporte "teatrillo
(butai)" de tres portas, de cara ao público,deslizando o narrador as láminas, unha tras outra, mentres le o texto.
En España o kamishibai foi introducido e difundido pola mestra Carmen Aldama Jiménez.
24/3/10
Le connosco
Onte,na hora do recreo,Ana Salgueiro De Saa veu a contar o conto "Un rato na casa" de Helena Villar Janeiro.
O conto trata de que cando cae un dente,vén o ratiño a traer un agasallo.
Pero na casa de Marco cómese moi ben,así que o ratiño dos dentes decidiu quedar a vivir co neno.
Parabéns para Ana por contarnos un conto tan bonito.
23/3/10
A pinga de auga
22/3/10
Dia Mundial da auga
O día 22 de Marzo,celébrase como tódolos anos desde 1993 o "Día Mundial da Auga".
Esta celebración comezou en 1992 en Río de Plata (Arxentina),e despois foi adoptada como unha iniciativa mundial polas Nacións Unidas.
O seu obxectivo é informar,fomentar e concienciar ás persoas e as nacións da importancia e da delicada situación da auga a nivel mundial,realizando campañas e investigacións que axuden ao desenrolo das tecnoloxías para o mellor aproveitamento dos recursos acuíferos,así como a educación para que tódalas persoas aprendamos a coidar a auga.
A auga é vital para a supervivencia do home e todo o planeta terra.
Coidémola!!!.
Día da Poesía
glitter-graphics.com
O día 21 de Marzo celébrase o "Día da Poesía".
Os nenos/as desde 1º ata 6º de E.Primaria,fixeron caligramas cos poemas de Carmen Gil,Antonio García Teijeiro e Concha Blanco.
Logo ilustraron os poemas.
Estes son algúns dos seus bonitos traballos!.
Poema "O barco"

Poema "Veñen os pescadores"
glitter-graphics.com
Día da árbore


O venres, día 18, o alumnado de 6º, acompañados por outros nenos e nenas dos colexios da zona, fomos ao Parador co fin de apadriñar unhas arbores.
Alí quedaron os nosos nomes colgados dos castiñeiros e carballos.
Ó final nos ofreceron unha boa merenda e invitáronnos a que visitaramos, coas nosas familia, a nosa arbore cando quixeramos.
Gracias por todo, queremos repetir.
17/3/10
Teatro





Un gato malo, egoísta, solitario, que goza de mala reputación por sus ariscos modales entre los demás animales del parque. Una golondrina jovial, alegre, curiosa y conservadora, que vuela risueña de árbol en árbol inconsciente de las pasiones que va despertando a su alrededor. El primer día de primavera el gato y la golondrina se encuentran y, con un diálogo un poco tonto, comienza su historia.
O día 15 de Marzo, os nenos/as do 1º Ciclo de E.Primaria foron a Caixanova a ver a obra de teatro "El gato manchado y la golondrina Sinhá".
Esta obra ensina a tolerancia e amizade.
15/3/10
Semana da Prensa
Durante os primeiros 15 días do mes de Marzo,traballamos cos xornais desde E.Infantil ata 6º de E.Primaria nas nosas aulas, para provocar no alumnado reflexións sobre dito medio de comunicación e lograr que logo sexan usuarios críticos. Pensamos que é moi importante que os nenos/as manipulen os xornais para descubrir o que conteñen no seu interior, cómo están organizados, analizar a 1ª páxina, titulares, seccións e publicidade. Tamén pretendemos que xoguen cos xornais: manipulen, compoñan frases, corten letras e palabras, coloreen titulares, constrúan figuras, realicen actividades plásticas, confeccionen murais... Todo isto fixémolo de forma lúdica e centrado no noso Proxecto Lector de Centro "O mar de historias".
13/3/10
Miguel Delibes

O escritor,periodista e académico da lingua, Miguel Delibes,faleceu en Valladolid. Foi un dos grandes maestros da narrativa do século XX, á vez que sabio coñecedor do home, a linguaxe e a paisaxe castelán. Foi un gran viaxeiro, pescador, cazador e amante da natureza. Naceu o 17 de Outubro de 1920 en Valladolid, cidade na que transcurriu a súa vida. Escritor galardonado cos premios Príncipe de Asturias e Cervantes. Entre as súas obras están :
El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, Los Santos Inocentes, El hereje, El disputado voto del Señor Cayo, Señora de rojo sobre fondo gris, La tierra herida, La sombra del ciprés es alargada, El príncipe destronado...
Obras que merece a pena ler. Recomendamos estas obras, porque moitas familias están interesadas pola lectura de libros.
12/3/10
Biblioteca Municipal
11/3/10
Traballos sobre a Arribada
Traballos realizados polos nenos/as do 1ºCiclo de E.Primaria coas súas familias, despois de coñecer a importancia que tivo Baiona no descubrimento do Novo Continente (América).