31/3/16
27/3/16
Día Mundial da Saúde
Preme nas imaxes
Día mundial da saúde
O
día mundial da saúde celébrase todos os anos o día 7 de Abril, para conmemorar
o aniversario da Organización Mundial da Saúde en 1948. Comezou a celebrarse
dende o ano 1950.
Cada
ano elísexe para esta data un tema.
O
tema deste ano é a diabetes, xa que está aumentando rápidamente en moitos
países e sobre todo en países de ingresos baixos e medianos.
Mensaxes da
Organización Mundial da Saúde( OMS )
1.
A epidemia da diabetes está aumentando moito en moitos países.
2.
Unha gran proporción dos casos de diabetes son prevenibles.
3.
A diabetes pódese tratar.
4.
Os esforzos por previr e tratar a diabetes serán importantes para
alcanzar a meta do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 3 consistente en
reducir a mortalidade prematura por enfermidades non transmisibles nunha
terceira parte para 2030.
Os
obxectivos principais da campaña
son:
1-
Acrecentar a conciencia respecto o aumento da diabetes.
2-
Impulsar un conxunto de actividades específicas, eficaces e
asequibles para facer frente a diabetes
3-
Presentar o primeiro informe mundial sobre a diabetes.
Fonte : Fundación para a diabetes
Hábitos saudables
Para ter unha boa saúde é moi importante levar unha serie de hábitos que nos axuden a non enfermar.
1.
Levar unha dieta equilibrada.
2.
Facer exercicio físico.
3.
Descansar correctamente.
4.
Manter unha boa hixiene persoal.
5.
Evitar o consumo de substancias tóxicas (alcohol e tabaco )
Fuente: Maestra de Primaria
Outras páxinas
18/3/16
Mercadillo solidario
Mercadillo solidario - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
mercadillo solidario
Hoxe , organizamos un mercadillo
solidario no noso colexio.
O alumnado trouxo xoguetes, libros e material reciclado que xa non lles interesa
e que lles pode interesar a outros
nenos/as .
Démoslles tantos vales como obxectos trouxeron
para que eles merquen o que máis lle interese no mercadillo .
O que pretendíamos é que se den conta do
importante que é saber reutilizar contos, obxectos...dos que eles xa están
cansados ou que xa non lles interesa e que poden interesarlle a outros
compañeiros/as, dándolles un novo uso e pasar tan bos ratos como eles pasaron.
Ademais reducimos o consumo e estamos
beneficiando ao medio ambiente que cada vez se deteriora máis. Todo depende de
nós.
É moi importante ter en conta os TRES R : Reducir, Reciclar e
Reutilizar.
Foi un gran éxito, porque todos /as
marcharon moi contentos co que adquiriron.
8/3/16
4/3/16
Día do consumidor
Día Mundial
do Consumidor 2016
O Día
Mundial dos Dereitos do Consumidor, celébrase todos os anos o 15 de Marzo.
Celébrase
nesta data debido a que un 15 de Marzo de 1963, o presidente dos EEUU John F.
Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso do seu país, sobre os dereitos dos consumidores.
Uns anos máis tarde, o movemento de
consumidores comezou a celebrar todos os 15 de Marzo o Día Mundial dos Dereitos
do Consumidor.
Este día
realízase co fin de aumentar a conciencia en todo o mundo sobre os dereitos que
teñen os consumidores, promover e tamén esixir os seus dereitos fundamentais.
Consumo Responsable
. É moi importante pensar antes de mercar.
. Tomar conciencia da orixe dos produtos que se
usan, como son e por quen están feitos.
.Ver á xente, por detrás de cada produto que
mercamos.
. Estar ao tanto dos impactos sociais e ambientales dos produtos que mercamos.
.Evitar artículos desechables , rechaza bolsas de
plástico son mellor as de tea , papel...
.Consumir produtos que non teñan traballo exclavo ou
traballo infantil.
.Non deixarse enganar pola publicidade.
.Pensar onde vai a terminar o produto que mercamos
cando se convirta en lixo.
.Se non pagamos o precio real dalgún produto, sempre
se paga dalgunha maneira , xeralmente é o medio ambiente coa sobreexplotación
dos seus recursos naturais ou cunha maior contaminación .
Tamén poden pagala os traballadores coa violación
dos seus dereitos laborais ou con soldos
indignos.
.Elexir produtos cuxa procedencia saibamos que
cumpre estándares éticos máis esixentes ,como os produtos de comercio xusto.
É moi importante educar aos nenos/as para que practiquen
un consumo responsable ,que entendan o que é o valor real do que se merca máis
aló do prezo da etiqueta.
ANTES DE MERCAR ,REFLEXIONA
Outras páxinas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)