20/6/11

Teatro ANPA




Este ano, a Compañía da Anpa do noso centro representou, con grande éxito, a obra de teartro “A VERDADEIRA E SINGULAR HISTORIA DA PRINCESA E O DRAGÓN”. O argumento da obra entra de cheo na vella historia dos contos ao revés: un dragón valente e bondadoso que debe alcanzar o amor da pricesa, da que está locamente namorado, vencendo ao cobarde príncipe. Regalándonos, así, unha peza teatral chea de humor, personaxes tenros e sentimentos nobles que nos trasladaron a un universo máxico.
Representouse na Sala de Usos Múltiples do Colexio o 10, 11 e 12 do presente mes, con unha afluencia masiva de público.
Grazas a todos e todas!, e esperamos que o ano que ven repitades

No hay comentarios: