Preme nas imaxes para realizar as actividades.
30/4/14
25/4/14
Acto Día do Libro
Día do Libro - Movie Maker
Despois de representar as dúas obras de teatro,os alumnos/as de 4º,5º e 6º de E.Primaria léronlles contos aos alumnos/as de E.Infantil,1º,2º e 3º de E.Primaria.
Noraboa a todos/as pola vosa colaboración e polo ben que o fixestes.
23/4/14
Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), un catálogo de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia:
"A festra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta verturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser... O libro!"
Actividades no "Día do Libro"
- Obras de teatro:
"A outra historia de Carapuchiña Vermella"
"A noite das mudanzas"
- Lectura de contos:
"Se eu fose un gato"
"A bruxa regañadentes"
"La cosa que más duele"
"Cuentos en verso para niños perversos"
Actividades no "Día do Libro"
- Obras de teatro:
"A outra historia de Carapuchiña Vermella"
"A noite das mudanzas"
- Lectura de contos:
"Se eu fose un gato"
"A bruxa regañadentes"
"La cosa que más duele"
"Cuentos en verso para niños perversos"
30/3/14
Día Internacional do Libro Infantil
Preme na imaxe e poderás ler unha carta a todos os nenos/as do mundo.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo.
Este ano, o país elexido é Irlanda.
O diseño do cartel é de Niamh Sharkey,e o texto da escritora Siobhán Parkinson.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo.
Este ano, o país elexido é Irlanda.
O diseño do cartel é de Niamh Sharkey,e o texto da escritora Siobhán Parkinson.
6/3/14
Entroido
Carnaval 2014 - foto montaje
Neste Entroido 2014 recordamos A festa da Arribada.
O noso titular para o xornal sería "A Arribada comeza en Fontes".
- O alumnado de E.Infantil disfrazouse de paxaros exóticos,intentando recordar as aves que nos trouxeron.
- 1º Ciclo de E.Primaria disfrazouse de frades.Frades que marcharon a aquelas terras coa intención de axudar a todas as persoas que alí se atoparon.
- 3º de E.Primaria disfrazouse de damas e cabaleiros,todos/as membros da alta nobreza que levan as súas mellores roupas e xoias.
- 4º de E.Primaria de mariñeiros e mariñeiras,acompañados dos irmáns Pinzóns.
-3º Ciclo de E.Primaria disfrazouse de campesiñas,trobadores e bufóns.Todos/as traballaban para a alta nobreza.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















