13/6/13

Teatro "As Tartarugas de Fontes"


As tartarugas de Fontes - presentacion imagenes

Corbillón,demonio y consejero real,pretende a la princesa,que está enamorada del Trobeiro.Para apartarlos,convence al Rey de que mande al enamorado ir a Compostela de peregrino...y ya él se encargará de que no llegue.Enterada,la princesa decide ir también.
Comienza entonces la gran aventura del Camino de Santiago en la que se van a cruzar muchos otros: un caballero que avanza al revés en su hablador caballo;el bandido Milhomes;Chispa y Tontorontrono,que aparecen buscando a Lóstrego y Estrela,que bajó al mundo y no sabe volver para casa,hasta que la lleva su madre,Vía Láctea,que le marcará desde el cielo la ruta al enamorado.
Fantástica a posta en escena desta obra de teatro.
Noraboa a todos/as pola magnífica actuación.
Pasamos un rato moi divertido.
Animámosvos a que o sábado e o domingo acudades ao colexio para ver esta obra porque a risa está asegurada.

12/6/13

Campamento ao Grove


Campamento ao Grove - presentacion imagenes


Hai uns días, o alumnado de 5º e 6º de E.Primaria, acompañados de tres profesoras, fomos de campamento ao Grove.
Alí estivemos tres días.Fixemos todo tipo de actividades, como podedes ver nas fotos; marítimas,terrestres, nocturnas...
Pasámolo xenial, quedamos con ganas de repetir...
 

9/6/13

Premios Xerais



Os premios xerais 2013 recairon este ano en Xabier López López pola obra "Cadeas" que denota unha prodixiosa capacidade para fabular, recrear e imaxinar, con personaxes ben construidos.
A novela "O castiñeiro de Abril" de Antonio Fraga gañou o premio Merlín de literatura infantil.
O castiñeiro de abril trata a historia de Baltasar, un neno cego que vive nun barrio gris baixo o xugo de dúas tías crueis cuxa vida dá un xiro aventureiro cando coñece o personaxe que dá título á novela.
A illa de San Simón foi o escenario da cita literaria.

7/6/13

Visita a Marcelle


Visita a Marcelle - foto montaje

O alumnado dende E.Infantil ata 4º de E.Primaria o día 3 de xuño visitou o Parque Zoolóxico de Marcelle.
Ao chegar foron recibidos polos monitores/as que os levaron por todo o parque habitado por multitude de animais.
Tamén puidemos observar unhas bonitas obras realizadas en madeira e pedra.
Os nenos/as viñeron encantados da visita que fixeron ao parque, xa que disfrutaron moito vendo tantos animais.

29/5/13

Exposición de libros

Na entrada do colexio hai unha exposición de libros ata o 3 de xuño para o alumnado e as familias.

25/4/13

Actividades Letras Galegas






















Preme nas imaxes para coñecer a Roberto Vidal Bolaño.

Contos no patio


Contos no patio - presentacion imagenes

Festexamos o Día do Libro escoitando contos no patio.
Fixemos sete grupos con nenos/as dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria.
Eleximos dous nenos/as de cada clase para ler en cada grupo e todo o alumnado foi pasando polos diferentes grupos para escoitar os contos.
Léronse os seguintes contos:

- O coelliño branco
- A sopa queima
- A que sabe a lúa?
- Miguel y Williams
- A bruxa regañadentes
- Todo es para bien
- O homiño de papel