25/3/10

O Kamishibai


O Kamishibai en xaponés quere dicir "Teatro de papel".
É unha forma de contar historias que se orixinou nos templos budistas do Xapón no século XII, onde os monxes utilizaban emaki (pergaminos que combinan imaxes con texto) para combinar historias con ensinanzas morais.
Esta forma de contar contos é moi popular en Xapón e está dirixida aos nenos/as máis pequenos. Trátase dun teatrillo no que se introducen as láminas dun conto con debuxos por un lado e texto polo outro.
A lectura do Kamishibai realízase colocando as láminas en orden sobre un soporte "teatrillo
(butai)" de tres portas, de cara ao público,deslizando o narrador as láminas, unha tras outra, mentres le o texto.
En España o kamishibai foi introducido e difundido pola mestra Carmen Aldama Jiménez.

24/3/10

Le connosco

















Onte,na hora do recreo,Ana Salgueiro De Saa veu a contar o conto "Un rato na casa" de Helena Villar Janeiro.
O conto trata de que cando cae un dente,vén o ratiño a traer un agasallo.
Pero na casa de Marco cómese moi ben,así que o ratiño dos dentes decidiu quedar a vivir co neno.
Parabéns para Ana por contarnos un conto tan bonito.

23/3/10

A pinga de auga









Os nenos/as de E.Infantil aprenderon que non se pode malgastar ningunha pinga de auga, porque necesitamos a auga para vivir.
Coa pinga de auga fixeron:
. Pintaron a pinga con pintura de dedos.
. Pegaron ollos e lingua.
. Puxeron os seus nomes.
. Espolvorearon brillantina.
Que traballos máis bonitos!!!.

22/3/10

Dia Mundial da auga


O día 22 de Marzo,celébrase como tódolos anos desde 1993 o "Día Mundial da Auga".
Esta celebración comezou en 1992 en Río de Plata (Arxentina),e despois foi adoptada como unha iniciativa mundial polas Nacións Unidas.
O seu obxectivo é informar,fomentar e concienciar ás persoas e as nacións da importancia e da delicada situación da auga a nivel mundial,realizando campañas e investigacións que axuden ao desenrolo das tecnoloxías para o mellor aproveitamento dos recursos acuíferos,así como a educación para que tódalas persoas aprendamos a coidar a auga.
A auga é vital para a supervivencia do home e todo o planeta terra.
Coidémola!!!.

Día da Poesía







glitter-graphics.com


Va la mar
Va la mar desmelenada
con la espuma alborotada,
llena de rizos y risa
y encajes en la camisa.
Contento le canta el viento
dos fandanguillos y un tiento,
y mueve más de una ola
su blanca bata de cola.
Le hace cosquillas el agua
por debajo de la enagua
a la arena remojada,
que bebe el agua salada.
La luna,ea que ea,
va acunando a la marea,
que duerme con risa y brisa
y con plata en la camisa.
Carmen Gil
Realizado por 2º de E.Primaria

O día 21 de Marzo celébrase o "Día da Poesía".
Os nenos/as desde 1º ata 6º de E.Primaria,fixeron caligramas cos poemas de Carmen Gil,Antonio García Teijeiro e Concha Blanco.
Logo ilustraron os poemas.
Estes son algúns dos seus bonitos traballos!.

Poema "O barco"















O barco
Miña irmá pequena
que é moi lista
fixo un barco de papel
coa folla dunha revista.
A revista era atrasada.
Xa estaba caducada.
Co seu barco de papel
marchou á piscina
para bañarse con el.
Entre tanto batuxar
e tanto balanceo
miña irmá retirouse
co seu barco veleiro.
Concha Blanco
Realizado por 1º,3º e 4º de E.Primaria.

Poema "Veñen os pescadores"









glitter-graphics.com

Veñen os pescadores
Veñen os pescadores
saltando os tombos,
deixaron risa e pranto
no mar máis fondo.
Veñen os pescadores
buscando a praia,
o sol brilla na escuma
coma unha alfaia.
Veñen os pescadores,
xorden da néboa,
coma fantasmas mudos
por ve-la terra.
Antonio García Teijeiro.
Realizado por 5º e 6º de E. Primaria.