5/2/15

Maruxa


Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.

Maruxa - Kizoa Movie Maker

Traballo realizado polo alumnado de E.Infantil 5 anos.

3/2/15

Día da Paz




Celebramos o Día da Paz realizando unha nave por clase.O alumnado debuxouse para pegarse nas naves e logo elaboraron unha mensaxe sobre a Paz.
Ao longo da mañá foron pasando polas diferentes clases coa nave explicando a mensaxe para ese día.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración na realización de pequenas naves con mensaxes de Paz.
O alumnado de E.Infantil de 5 anos fixo galletas de paz e realizou o Guernica.














31/1/15

Lecturas


Lecturas 2015 - Kizoa Movie Maker

Seguimos coas lecturas por parte das familias.
O mércores,achegouse ao colexo,Ana,a nai de Victor de 3º de E.Primaria,para contarnos o conto "Nin un biquiño a forza"
Encantounos!!!
Na hora do recreo,a Biblioteca estaba a tope,coma sempre.
Parabéns Ana!

O Universo

O día 22 de xaneiro,Pedro,un exalumno do colexio,preparou o tema do Universo en power point e subiu ao colexio para explicarllo ao alumnado de 1º,2º e 3º de E.Primaria.
 Felicitámolo porque nos sorprenderon as súas explicacións. O tema preparouno moi ben e ademais encantounos a maqueta do sistema Solar que nos trouxo.
Moitas grazas por compartir con nós o que sabes sobre o proxecto que estamos a traballar este ano. Fantástico Pedro, ata a próxima vez!