Hai uns días, o alumnado de 5º e 6º de E.Primaria, acompañados de tres profesoras, fomos de campamento ao Grove. Alí estivemos tres días.Fixemos todo tipo de actividades, como podedes ver nas fotos; marítimas,terrestres, nocturnas... Pasámolo xenial, quedamos con ganas de repetir...
Os premios xerais 2013 recairon este ano en Xabier López López pola obra "Cadeas" que denota unha prodixiosa capacidade para fabular, recrear e imaxinar, con personaxes ben construidos. A novela "O castiñeiro de Abril" de Antonio Fraga gañou o premio Merlín de literatura infantil. O castiñeiro de
abril trata a historia de Baltasar, un neno cego que
vive nun barrio gris baixo o xugo de dúas tías crueis cuxa vida dá un xiro
aventureiro cando coñece o personaxe que dá título á novela. A illa de San Simón foi o escenario da cita literaria.
O alumnado dende E.Infantil ata 4º de E.Primaria o día 3 de xuño visitou o Parque Zoolóxico de Marcelle. Ao chegar foron recibidos polos monitores/as que os levaron por todo o parque habitado por multitude de animais. Tamén puidemos observar unhas bonitas obras realizadas en madeira e pedra. Os nenos/as viñeron encantados da visita que fixeron ao parque, xa que disfrutaron moito vendo tantos animais.
Festexamos o Día do Libro escoitando contos no patio. Fixemos sete grupos con nenos/as dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria. Eleximos dous nenos/as de cada clase para ler en cada grupo e todo o alumnado foi pasando polos diferentes grupos para escoitar os contos. Léronse os seguintes contos:
- O coelliño branco - A sopa queima - A que sabe a lúa? - Miguel y Williams - A bruxa regañadentes - Todo es para bien - O homiño de papel
Actividades: - Lecturas no patio - Ilustrar o poema de Pat Mora - Entrega de libretas viaxeiras - Buscar información de autores/as de libros de poesía - Entrega de marcapáxinas
Se algunha fotografía,debuxo... que aparecen neste blog,están suxeitos a dereito de autor,póñanse en contacto con nós e serán retirados inmediatamente.Grazas.