2/4/13

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil



Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2013


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.



Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidos. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos, ti e eu, dando ser voltas e ser voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Poema de Pat Mora
Traducido pola autora
.



Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. Este ano a mensaxe é un poema de Pat Mora.

Acto "Día da Poesía"


O alumnado dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria recitou poemas de diferentes autores para festexar o "Día da Poesía".

Ilustramos poemas

Poemas ilustrados e algúns inventados polos nenos/as.

6/3/13

Día da muller traballadora




Preme nesta imaxe e atoparás moitos recursos do CEIP. Milladoiro de Malpica para investigar sobre o "Día da Muller Traballadora"

5/3/13

Ilustramos poemas

Poemas ilustrados polo alumnado dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria para festexar o "Día de Rosalía de Castro".

26/2/13

Acto no Día de Rosalía de Castro


Acto Rosalía 2013 - presentacion imagenes

Celebramos o "Día de Rosalía de Castro" recitando poemas.
O alumnado de 5º ilustrou a súa vida e fíxose unha proxección na sala de usos múltiples.

22/2/13

Día de Rosalía de Castro



Mural realizado polo alumnado de E.Infantil.



Rosalía 2013 - diapositivas

O día 24 de Febreiro celébrase o "Día de Rosalía de Castro" e o alumnado de 5º ilustrou a súa vida.
Moi bonito este traballo!!!
Parabéns para todos/as.